Sábado 18 xuño de 2011 • 22:30 h Música | 6 € ou abono

Cats & Monkeys (Funk, Lugo)

Cats & Monkeys voltan ó Aturuxo para facernos bailar de novo coa súa música funk. A banda reúne todo un elenco de músicos de moi diversas influencias que conflúen no funk. Unha proposta que intercala clásicos do funk actualizados con temas de nova factura sempre co denominador da música negra de baile. Buscan sobre todo que o público baile e se divirta ao máximo. Cats & Monkeys son No González as voces e a frauta; Javi Chu Perez e Toño Otero ós saxos; Andrián Lage á trompeta; Borja Topo García á batería; Adrián Bluz Arias os teclados; Óscar Charly Liz o baixo; Saulo Sause e Iván Reija ás guitarras e Nuno André á percusión.

http://www.myspace.com/catsandmonkeys