Sábado 9 xullo de 2011 • 22:30 h Música | 6 € ant / 8 € taq.
Zenet (Flamenco / Jazz/ Swing, Málaga)
Zenet volta a Galicia para presentar o seu novo disco “Todas las Calles”
En 2010 chega “Todas las calles” dez filmes sonoros nos que o protagonista – un truán con extraordinario parecido a Toni Zenet – coquetea, ama e sufre polos cantóns dunha cidade que ten tanto de Madrid como da súa Málaga natal, París, Bos Aires, Nueva York, La Habana ou Río de Janeiro… segundo os ventos o leven a un ou outro lado. “No tenemos vergüenza ni pudor para empezar un tema con bossa nova, pasar por el tango y acabar en la salsa cubana. Lo importante es que sea haga con naturalidad. Y con respeto, claro”, aclara Zenet.
Cando un músico di que o seu segundo disco non é unha continuación do primeiro, se non que este é en realidade un anticipo do novo, esa mestura de confianza e chulería fai que che pique a curiosidade. E despois de gozar con detemento cancións como a afrancesada “Amaneció sin querer” ou a rebuldeira “Fue por casualidad” un a de recoñecer que pode que teña razón e todo.
Primeiro, porque en “Todas las calles” a comuñón entre a música de Toni Zenet e as letras de Javier Laguna é máis forte que nunca. “El emparejamiento entre las letras de Laguna y la música y la voz de Toni es algo que yo no he visto desde las parejas creativas del tango de los años 30 y 40”, comenta Juan Ibáñez, produtor, batuta (humana) e nariz (musical) de “Todas las Calles”.
E no segundo lugar, pola compenetración entre Zenet e os músicos da banda, algúns dos máis destacados da escena jazz española, como o guitarrista José Taboada, o trompetista Manuel Machado ou o pianista Pepe Rivero. É unha química fraguada ó longo de decenas de concertos da xira de “Los Mares de China” e que demostrase en “Todas las Calles” co seu son elegante e con corpo: “Queríamos el empuje y la frescura del directo, sin la dictadura de la claqueta. Así que la chicha del disco se hizo en tres días, algo que solo se puede hacer con estos músicos”, explica Zenet