Xoves 7 xullo de 2011 • 21:30 h Música | 4 €

Assembly Point (Folk / Acoustic, Coimbra-Ferrol-Cork)

Assembly Point é o novo proxecto formado polo portugués Luis Peixoto, o galego Fernando Barroso e o xenial violinista irlandés Eoghan Neff.

Luis Peixoto é un multi-instrumentista dos instrumentos portugueses de corda. Grabou con varios grupos de renome internacional, tales como Estocolmo, LisboaProject e Dazkarieh. Máis recentemente, presentou o aclamado álbum de Anxo Lorenzo “Tiran”. Ademáis, actuou en concertos cos grupos de folk de prestixio como Kepa Junkera, Flook, GalandumGalundaina, e Quadrilha.

Fernando Barroso é un guitarrista autodidacta e especialista dos instrumentos tradicionais de corda. Actualmente atopase en numerosos cursos e talleres por toda España, mentres que se centra en dous proxectos: Riobó e Coanhadeira.

Eoghan Neff é un violinista internacionalmente premiado e musicólogo. Grabou e realizou xiras con gran éxito de crítica con producións tan prestixiosas como Riverdandce, La Orquesta Metropolitana de Londres, NeffBros, e Anxo Lorenzo. O seu último álbum, “Amalgamare” é un Cd da improvisación libre co organista e o monxe da Abadía de Glestal, Amor Cipriano. Recentemente grabou a banda sonora da película gañadora do Oscar, “El Águila”.

http://www.facebook.com/assemblypoint