Domingo 14 agosto de 2011 • 21:30 h Música | 6 €

Luthea Salom (Indie / Folk, España – Canadá)

Luthea Salom preséntanos os seus coquetos temas indie/folk de tendencias máis alegres e nostálxicas a través dunha voz pícara e sensual que define con moito estilo unhas melodías sumamente contaxiosas e as cales chegaron ata as mesmísimas listas dos premios Grammy. Pero é no escenario onde esta artista hispano/canadiense sorprende cun espectáculo colorista, orixinal, feminino e un tanto excéntrico, onde desarmase cunha longa colección de instrumentos e sen faltarlle en ningún momento un gran sentido do humor.

hptt://www.lutheasalom.com