Domingo 21 agosto de 2011 • 21:30 h Música | Por determinar

PolleraPantalón (Funk/ Jazz, Argentina)

Pollerapantalón nacen en 2005 como banda da rúa e leva percorridos máis de 30.000 kms. Viaxando por toda a República Arxentina dende Comodoro Rivadavia ata Humahuaca e os países veciños de Uruguay, Chile e Brasil, onde participan en varios festivais como El Bolsón Jazz Festival (Chubut, AR), Jazz entre Amigos (La Pedrera, Uruguay), Campa Reggae (MDQ, AR), entre moitos outros…

Potente expresión de funk jazz formada por un power cuarteto na base e tres saxos femininos á orden das melodías. Banda instrumental, orixinal e intensa, que ofrece ritmos que van dende o funk ata o ska pasando polo tango, chacarera e música de Europa do este sen esquecer o rock que lle pon o toque final a este tren avasalador.

Recoñecen na súa música unha serie de influencias de variable índole, incluíndo a Miles Davis, Herbie Hancock, Astor Piazzolla, James Brown… 5 anos pasaron dende a primeira formación P!; Melina Xilas (saxo tenor); Carla Branchini (saxo barítono e clarinete); Andrea “Drean” Desimore (Saxo Alto); Juan Velásquez (Guitarra); Germán “Limón” Ortiz (Batería); Eduardo Baeza (Baixo) e Darío Margulis (Teclado) son os actuais integrantes de Pollerapantalón.

http://www.pollerapantalon.com