Sábado 17 setembro de 2011 • 22:30 h Música | 5 €

Voltaica (Indie/ Punk/ Rock, Vigo)

Voltaica é unha banda do Val Miñor que nace das “cinzas” de outros proxectos musicais da zona. Están presentando o seu primeiro traballo, unha demo que vale como mostra e adianto do que Voltaica está ofrecendo e ten previsto ofrecer en forma de álbum discográfico e onde podemos atoparnos temas como “F.I.L.E” ou “X”.

As súas influencias son grupos consagrados do rock&roll e do punk, como Led Zepplin, Pink Floyd, The Clash ou The Beatles dos cales a banda adquiriu toques de cada uno pero co seu propio estilo… Son duro, compacto e fresco que mesturado con melodías vocais e sen deixar atrás os sons máis contemporáneos, pega de forma directa e persoal. A súa posta en escena poderosa emociona e proxecta altas dosis de enerxía sen deixar indiferente a ningúen…

http://voltaica.tumblr.com