Venres 14 outubro de 2011 • 22:30 h Música | 7 € ou abono
Guadalupe Plata (Rock, Andalucía)
Naturais de Úbeda (Jaen), Guadalupe Plata remiten có seu son o blues máis tóxico e ponzoñoso, ó de pantalóns escuros, ceremonias vudú e alcohol. Sendo esa a súa bandeira, a modernidade do seu son débese a un poderoso ramallazo de psychobilly. En pouco tempo foron captando cada vez máis atención, incluso entre os alleos o xénero.
Guadalupe Plata, actualmente afincados en Granada, componse de Pedro de Dios (tamén en, entre outras, Los Malignos) á guitarra e a voz e Jimena á batería, aos que únese o ex-Corrosivos Paco Luis Martos ao baixo; baixo: en realidade é un conca e é un dos típicos elementos que se utilizan para chamar a atención sobre o peculiar do grupo.
Así constituese o trío para ofrecer, a finais de 2008 e a través da máis que independente Sociedade Fonográfica Subterránea o seu homónimo álbum debut, un 10” que, como se describe -e se descubre- emana febre pura. O seu potente repertorio lles encumbra ó máis alto na edición do Lagarto Rock de 2009.
En constante actividade, en marzo de ese ano embarcanse nada menos que nunha xira por Estados Unidos. Un ano despois chega o seu primero LP, “Guadalupe Plata” (Folc, 2011), que ofrecen tanto en formato dixital en descarga gratuita como nunha preciosa edición en vinilo.