Sábado 15 outubro de 2011 • 12:00 h Danza | 15 €

Obradoiro de Danza Africana

OBRADOIRO DE DANZA AFRICANA

Danza tribal que conéctanos co noso eu máis primitivo a través dos ritmos de percusión, imprimíndonos forza e vitalidade. A danza africana está asociada ao son dos tambores. A percusión é unha linguaxe: os instrumentos falan, e bailando transformamos a súa música en movemento. O ritmo flúe por brazos e pernas, e do interior sae unha enerxía de carácter alegre que axúdanos a liberar todas as tensións que levamos dentro.

DATA: Sábado 15 de outubro. LUGAR: Aturuxo (Bueu). HORARIO: de 12 a 14h. PREZO: 15 euros.

A QUEN VAI DIRIXIDO: E un nivel básico (cun traballo corporal moi sinxelo) polo que calquera persoa que teña a curiosidade e a inquietude por coñecer esta modalidade de danza, pode aprender a bailala aínda que nunca se tivera contacto ca súa música.

OBXETIVO: Adquirir coñecemento e control corporal. Tomar conciencia das diferentes partes do corpo, e aprender a coordinalas en harmonía cun ritmo de percusión dado, utilizando movementos orixinais tradicionais da Cultura Mandinga estendida por todo o noroeste africano (Guinea, Mali, Costa de Marfil, Burkina Fasso…). Ao mesmo tempo, faise un exercicio enerxético e liberador.

IMPORTANTE: As persoas interesadas deberán asistir con roupa cómoda e calcetíns. Tras o quentamento, bailarase descalzo, buscando esa primeira conexión ca terra.

IMPARTECURSO:

Cristina Malvárez.
Coñeceu a Danza Africana con Germaine Acogny no Stage Internacional de Dansa Moderna i Jazz de Anna Maleras (Sitges 1991). Ao pouco tempo marchou a Senegal onde mantivo contacto directo ca cultura e a danza tradicional africana. Continuou a súa formación con diversos cursos realizados por mestres de Ghana, Costa de Marfil, Angola, Togo, etc. Máis tarde participou como bailarina en diferentes Eventos e Festivais de Galicia.

Na actualidade imparte clases en Vigo, Pontevedra e Cangas, forma parte do “Grupo Dabassam Danza Africana” e desenrola o seu proxecto “Mesturas Danza” que ten como base a música de percusión.