Domingo 30 outubro de 2011 • 21:30 h Música | 6 €

ZULU 9:30 (Reggae/Rock, Barcelona)

Zulu 9:30 é unha banda que nace nas rús de Barcelona. Tras seis anos repartindo a súa música e alegría por toda Europa, dan un novo paso o fronte para traer o seu terceiro traballo orixinal titulado “Tiempo al tiempo”. Nesta ocasión deixan un pouco de lado os estilos máis puros e apostan por un son máis propio. Cancións para escoitar e música para bailar. A banda está formda por músicos criados en diferentes ricóns do globo. Sete cabezas e moitas ideas dan forma a un son orixinal influenciado por estilos como o reggae, a música latino-americana, mediterránea, pop-rock e o resto das músicas do mundo. No seu camiño tiveron a sorte de poder facer bailar e rir moita xente, dende o Festival Couleur Café de Bruselas ata o Festival Actual de Logroño. Dende o Rock for People en República Checa ata o BAM de Barcelona… entre moitos outros escenario.

http://www.zulu930.com/