Domingo 1 decembro de 2002 • 20:30 h Música | 4,00 €

Unhe (Jazz fusión / Euskadi)

ATENCIÓN
Excepcionalmente, esta actuación comezará ás 20:30 horas

Mark Barnés formou parte de grupos de jazz coma Padepanik,PDK2, Banja Luka, Etiqueta Negra e Aquarella. Na actualidade é profesor de baixo eléctrico e estudia musicoloxía na Universidade de Oviedo.

Eva Niño colabora activamente con músicos da talla de Gonzalo Tejada, Josetxo Silguero, Iñaki Salvador, Dani Pérez e Bixente Martínez. Participa na gravación do último disco de Imanol e do grupo de Pop Chucho. Recentemente participou no último disco de Gonzalo Tejada.

Iñaki Mendieta traballou cos grupos PDK2 e Banja Luka.

Íñigo Peña é profesor de acordeón da Escola de Música de Lasarte-Oria dende 1989 e de harmonía dende 1995. Ademais imparte clases de linguaxe musical e música folc dende 1997.

Isaak Oiartzabal, un baterista con ampla experiencia, participou, entre outros, nos grupos PDK2, Xuia Reggae Band, Leizaran e Banja Luka, e ten realizado gravacións con Negu Gorriak.

Este concerto pertence ó programa Artistas en Ruta, da AIE

Visita a web de Unhe