Sábado 12 novembro de 2011 • 22:00 h Música
Festival de San Martiño
O próximo sábado 12 de novembro a partir das 22:00, na Sala Aturuxo.
Demecce será a formación encargada de abrir a experiencia musical, contando para a súa actuación unha voz chea de personalidade e un verdadeiro virtuoso a man dos pratos, que complementarán o seu show cun variado elenco de artistas invitados.
http://www.myspace.com/demecee
A música House e a súa variante máis electro chegarán da man dos Djs Vihumon Rrythm, formada por Dj Hugo Pg e Dj Vince, que presentarán remixes e incluso creacións propias.Nas súas sesións combinan a música House con temas dos anos 80´ e 90´. A continuación fará o seu debut no escenario o novísimo Dj Cristian Domínguez, aínda que promete unha sesión de calidade e virtuosismo,froito do traballo diario e o seu empeño por disfrutar da súa paixón .