Venres 18 novembro de 2011 • 22:30 h Música | 6 €

Dakidarría (Ska/ Punk-Rock, Rías Baixas) Concerto da Rede Galega de Música Ao Vivo

Dakidarría é unha banda formada por 8 músicos que fusiona SKA, REGGAE e PUNK ROCK. Apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario e non deixan indiferente a ninguén. Cada concerto da banda é unha descarga de festa e compromiso. Tras sete anos de carreira editaron tres discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008) e “Realidades alienantes…” (Revolution prods 2010). Durante este tempo presentaron o seu proxecto ao redor de toda a xeografía peninsular (ademais dunha xira que os levou a percorrer gran parte da república Mexicana en outubro de 2008), actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación.

A banda compartiu escenarios con grupos tanto estatais como internacionais, como Toy, Europe, Macaco, Barricada, Celtas Cortos, Ojos de brujo, Tequila y Rosendo, entre outros; e estiveron en festivais de gran repercusión como o Extremúsica, o Aupa Lumbreiras, ou o DerrameRock.

Compoñentes DKR:

JORGE —-bateria DAVID —-baixo e voces SIMÓN—-guitarra e voces GABRI —-guitarra e voz TOÑETE—-trombón JUAQUI—-trompeta CHARLI —- teclado ANXO —-saxo

http://www.myspace.com/dakidarria