Domingo 20 novembro de 2011 • 21:00 h Música | 6 € ant / 8 € taq.

Bongo Botrako (Rumba,Reggae, Ska, Catalunya)

Xa chegaron e prometen quedarse moito tempo. En só tres anos e medio, Bongo Botrako fixeron máis de 190 concertos por toda a península ibérica e Francia. O seu nome comeza a soar por todas partes, de boca en boca. En outubro de 2010 gravan o seu primeiro traballo, “Todos los días sale el sol” e co que queren transmitir a mesma enerxía e o mesmo espírito trouleiro que contaxiaron ata agora alá onde pisan. Rumba , reggae, ska, punk e moita alegría: alegría sen limites nin complexos, melodías que se enganchan e letras que desbordan positivismo ,cancións sinceras e mensaxes que atravesan fronteiras.

Entradas anticipadas á venda aquí: http://www.ticketea.com/bongoaturuxo

http://www.bongobotrako.com