Mércores 7 decembro de 2011 • 22:30 h Música | 5 €

Gordo Solar (Rock/ Metal, Madrid)

Gordo Solar nace aproximadamente fai 3 anos. Pechado no local de ensaio, Santi Erlich comeza a compoñer o que acabará sendo o seu primeiro disco como cantante. Cansado de tocar a batería para outros artistas, decide facer exactamente o que ninguén espera dun batería,… CANTAR. Na mitade do proceso creativo chama a Hector e a Javi Peña. O ser vellos amigos sobran as palabras e xuntos rematan de darlle forma ó proxecto. O disco conta con 13 temas onde se reflexa o espíritu rockeiro da banda, dende os sons máis escuros en “Solo Como Yo”, ata saturar os oídos de core fluorescentes con temas como “Cuantico” e “Bipolar”. Sons de sintetizador “lead” distorsionados, debuxan todas as pegadizas melodías de este trío Madrileño. As guitarras e as líiñas de baixo deixan claras as influencias de grupos como Muse, Depeche Mode, Queens of the Stone Age ou Foo Fighters.

http://www.myspace.com/gordosolarmusic