Sábado 17 decembro de 2011 • 22:30 h Música | Por determinar

Skakeo (Ska/Punk, Bueu)

SKAKEO é un grupo ska - punk que comeza as súas andainas no verán do 2008. Todo comezou como un proxecto co fin de recuperar vellas cancións de grandes cantautores e poetas e transmitilas ás novas xeracións de forma máis bailable e adaptadas a novos ritmos. Pero aos poucos foron xurdindo novas letras, e con elas novas cancións propias. E mesturando infinidade de ritmos e estilos foi emerxendo unha base do que neste momento define á banda. O 2 de Maio do 2009 Skakeo fai a súa primeira aparición sobre os escenarios nun concerto benéfico de man do SOGAPS en favor do Sahara. Desde ese momento e até o día de hoxe, tocaron en diversos concertos e festivais compartindo escenario con infinidade de bandas tales como; Dakidarria, Saída Nula, A Familia Iskariote ou Espasmodicos. Nestes momentos Skakeo atópase presentando un EP que sera o adianto do seu proximo CD

http://www.myspace.com/skakeooficial