Venres 20 xaneiro de 2012 • 22:30 h Música | 5 €

EL NIÑO DE LA HIPOTECA (Bandautor-Pop, Catalunya). Acústico

Guiu Cortés, máis coñecido polo seu alias El Niño de la Hipoteca foi unha revolución no panorama musical. 100 concertos por todo o estado cada tempada, confirman que a súa aposta por unha canción de autor, viva e festiva, aceda e tenro, costumista e cómica, é todo un acerto.

Mi novia de 2ºB’, é o seu segundo disco, producido polo baixista de Ojos de Brujo, Javi Martín, e a confirmación de que nos atopamos ante un artista curtido e cunha personalidade propia. El Niño de la Hipoteca gañouse o público concerto a concerto, á crítica que o descubriu entre a programación de grandes festivais, tocando con outras cabezas de cartel nacionais e internacionais, e mesmo, conseguiu gañarse a admiración de humoristas como Jordi Évole, ‘O Follonero’, e de Andreu Buenafuente. O seu directo gusta porque é próximo, polas historias cotiás e cheas de sentido do humor, pola súa música animada, pero tamén porque ten o ritmo vivo, a sa ironía e o gancho cómico do xouman televisivo.

http://www.myspace.com/elniniodelahipoteca