Domingo 12 febreiro de 2012 • 21:00 h Música | 5eur ant / 7eur bill (ant. no Aturuxo)

Big City (Rock/Pop/Folc, Aragón)

Resulta que cinco dos mellores músicos desta península teñen un grupo xuntos. E chámase Big City. O grupo que gusta aos grupos agora quere gustarte a ti tamén.. O grupo que colaborou con Secret Society, Bigott, Tachenko, La Habitación Roja ou Russian Red agora quere pasar unha noite contigo, e que vexas os que a prensa de aquí chama os “Wilco españoles”, e que vexas aos que cando tocan no extranxeiro teñen que repetir aos medios de alí “que sí, que somos españois”. Big City quere cuidarte, arrouparte con mil teclados, hipnotizarte cos seus sintes e efectos, para que logo cos hits exploten os teus tímpanos e a túa cabeza móvase ao ritmo do teu pé dereito. Big City, acaba de cumprir 10 anos, teñen 3 albums publicados e dous deles no extranxeiro. A Spring Full Of Summers, seu primeiro disco, foi editado en USA por Happy Happy Birthday Records no 2006 e o segundo, Calla n Ambulance, por Naked Man Recordings no 2008 no UK.

http://www.myspace.com/bigcitymyspace

http://www.facebook.com/thebigcity

Este concerto forma parte do circuíto Girando Por Salas.

http://www.girandoporsalas.com/