Domingo 5 febreiro de 2012 • 21:00 h Música | 5eur ant / 7eur bill (ant. no Aturuxo)
Chocolata (Flamenco/Jazz, Sevilla)
Despois de pisar escenario no Aturuxo hai uns meses, deixando o listón moi alto, volven de xira esta fin de semana.
Fieis ás súas raíces flamencas xerezanas, cargadas de soniquete e compás, Carmela “La Chocolata”, Rubens Silva e Cuni Mantilla, traballaron codo a codo durante os últimos anos, dando á luz unha maneira diferente de interpretar a súa música.
Como no din a ciencia e a experiencia o chocolate, ese manxar dos deuses prehispánicos, é antidepresivo, afrodisíaco e crea adicción. Á Chocolata lle pasa o mesmo que o seu nome artístico. É antidepresiva porque a beleza alegra o ánimo, afrodisíaca porque a súa voz namora e da gañas de vivir, adicitiva porque se a oes, aínda que só sea un pouqiuño, xa querrás oíla moitas veces. Ademáis carece de contraindicacións; como o propio chocolate a todo o mundo lle senta ben.