Martes 21 febreiro de 2012 • 21:00 h Música | 10 eur
The Vegabonds (Rock sureño, Alabama)
Os norteamericanos The Vegabonds (banda de Auburn, Alabama), está de xira por España presentando en directo as cancións do seu recente “Southern Sons” (xaneiro 2012), xunto aos temas do seu anterior traballo “Dear Revolution” que se editou no 2010.
The Vegabonds formáronse en Auburn, Alabama, a comezos de febreiro de 2009, e non pararon de tocar dende entón. Non perderon o tempo, pois de inmediato comezaron a traballar no seu primeiro álbum. Un mestura de diferentes intereses musicais postos en común deron como resultado ‘Dear Revolution’, gravado nos Southstreet Studios de Nashville. O álbum viu a luz o verán de 2010, obtendo críticas entusiastas na prensa local que pronto lles levaron ao recoñecemento nacional.
Apadriñados polo mismísmo Gregg Allman e despois de compartir escenario con bandas do talle de Blues Traveler ou Death Cab for Cutie, estes mozos de Alabama cruzan a señorial liñaxe do southern rock, esas dobres guitarras, eses medios tempos de imparable crescendo, con influencias máis propias da súa idade e dándolle un toque jam band que os leva a sonar frescos, liviáns e ao alcance dun público máis amplo que o tradicional afeccionado ao rock fabricado no sur dos Estados Unidos. Unha precisa mestura de bandas clásicas como os Stones, Lynyrd Skynyrd, Led Zeppelin ou Allman Brothers, aderezada con pinceladas musicais herdadas de Widespread Panic, Counting Crowes e Kings of Leon.
A banda está a conseguir facerse un oco significativo na escena musical e conseguir unha notable experiencia a pesar de ser aínda un grupo independente. Varias das cancións do disco chegaron ás listas independentes, caso de “Shaky Hands”, que alcanzou o número un dos charts da International Association of Independent recording Artists, e levando a banda a coarse na clasificación das 25 bandas independentes do momento realizada pola web Indie-music.com
Na primavera de 2011, The Vegabonds comezaron a gravar o seu segundo álbum de explícito título, ‘Southern Sons’, recén editado en xaneiro de 2012, poucos días antes de dar comezo á xira europea coa que cruzarán o charco por primeira vez.
http://www.myspace.com/Vegabonds