Domingo 3 novembro de 2002 • 22:00 h Música | 4,00 €

The Groovefathers (Jazz-funk / Lugo)

The Groovefathers é unha banda formada hai dous anos coa intención de levar a cabo un proxecto musical de calidade, diferente e orixinal.

The Groovefathers basearon o seu son tanto no jazz-funk coma na música disco dos anos setenta. Tanto temas instrumentais coma cantados impregnan o público da forte enerxía que este grupo desprende nos seus directos.

Esta banda caracterízase, así mesmo, por un orixinal e distinguible son debido á súa formación (batería, percusión, baixo, guitarra, saxo tenor, frauta traveseira e voces).

The Groovefathers gravaron recentemente unha demo nos estudios Green Room coa producción e colaboración do recoñecido creador de paisaxes sonoras Arturo Vaquero.

A formación musical de cada un dos compoñentes deste orixinal sexteto vai dende a música clásica ó jazz, pasando polo flamenco e o funk, logrando deste modo unha amalgama de sonoridades propias da época de fusión na que vivimos.

Visita a web de The Groovefathers