Domingo 11 marzo de 2012 • 20:00 h Música | Bar: 8 eur ant / 10 eur bill.
Los Chikos del Maíz (HipHop, País Valenciá) e Conversos (HipHop, Pontecaldelas)
Los Chikos del Maíz é un grupo de rap valenciano formado polos MC’s Nega e Toni, e o DJ Bokah. O grupo está considerado o referente máis destacado do hip hop político español. As letras do grupo abordan temas como o terrorismo, a monarquía, a situación laboral ou a escena hip hop. O grupo caracterízase por ter unhas letras ácidas, corrosivas, nas que o sarcasmo se entrelaza coas referencias literarias e cinematográficas, nun compendio teoría política, crítica e homenaxes constantes á cultura popular ou de masas. Díxose deles que son a versión hip hop de La Polla Records ou que as súas letras recordan ás de Jello Biafra (cantante dos Dead Kennedys).
Antes deste aperitivo subierán ao escenario, os veciños CONVERSOS desde Pontecaldelas, rapaces moi novos, que demostran unha pasión e calidade asegurada.
Video Conversos: http://youtu.be/TbJiNuCPQ4M
Los Chikos del Maíz: http://www.myspace.com/loschikosdelmaiz
Este concerto ten apoio de Girando Por Salas. http://www.girandoporsalas.com