Domingo 4 marzo de 2012 • 21:00 h Música | 6 eur

Banda Baile Asalto

Este grupo “Pontevedrés” nado en Xuño de 2011 , co gallo da súa participación no Vl Festival Folc de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de acadar a interacción co público, Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre , desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta. Un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos, na percura dunha linguaxe “única”. Ademáis dun profundo coñecemento sobor da música tradicional galega , unha particular visión artística, e o seu gusto e coñecemento polas músicas doutros países e estilos, fai que a Banda se converta nun proxecto apetecibel e inetiquetabel : música do mundo feita no noso país!!! A formación está composta por Javier Rabanal (Baixo Eléctrico), Franc Gorriz (Batería), Sarunas Pupelis (Saxofón Alto e Soprano) Samuel Macía (Bouzuqui) Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica, requinta e saxofón) e Miguel Fraguas (gaitas e low whistle), un elenco de músicos de dilatada experiencia, dispostos a vos facer bailar!!!

http://www.myspace.com/bandabaileasalto