Domingo 29 decembro de 2002 • 21:30 h Música | ANT: 5,00 € / BILL. 6,00 €:
Kultur Shock (Metal Xitano / Bosnia-Bulgaria-EEUU-Xapón), Os Jarbanzinhos
O prezo da entrada inclúe unha consumición de cervexa ou refresco.
¿New Metal xitano? ¿Música protesta folk-punk dos Balcáns? Esta mestura discordante de voces chillonas, guitarras aplastantes, metais, ritmos e escalas de Europa do Leste ábreche os ollos.
En 1992 Gino Yevdjevich -xunto con outros músicos que quedaron en Sarajevo durante a guerra de Bosniaescribiu, compuxo e realizou o musical Hair: Sarajevo, A.D. 1992, que gañou fama e recoñecemento internacional. O seu éxito levou a Gino ós EEUU para facer unha xira organizada polo director de cine americano Phil A. Robinson (Field of Dreams) e a cantante de folk Joan Baez. Agora vive legalmente nos EEUU considerado coma un estranxeiro cunha habilidade excepcional. A limpeza étnica, os refuxiados e as bombas en Iugoslavia son secuelas escalofriantes do que pasaron en Bosnia.
O guitarrista Val uniuse ó grupo no verán de 2000, tocando as guitarras, programando e cantando no conxunto. Tanto el coma o batería de Kultur Shock, Borislav Lochev, teñen unha longa historia de colaboración musical, que procede dos anos 80, cando eran membros dun cuarteto de rock progresivo de Bulgaria. Borislav e Val desertaron despois de que Radio Liberty emitira unha das súas cancións políticas criticando o goberno comunista. O guitarrista Mario Butkovich de Bosnia-Herzegovina é a arma secreta da música gypsy folk do grupo. Á pregunta de como aprendera a tocar a guitarra gypsy, como a chama el, sen darlle importancia di: Durante seis anos nun campo de refuxiados en Croacia. E o baixista Masa Kubayashi de Tokio, Xapón, cun expresivo ton baixo que vén da súa gran aptitude para o son duro e intenso.
O alcance de expresión e a exuberancia que transmite Kultur Shock condúceos a unha encrucillada de influencias, a un son sen tristura nin penumbra. Todo o contrario, o espectáculo de Kultur Shock é dun optimismo selvaxe, coma o hedonismo incontrolado das vodas xitanas.
Abrirán o concerto Os Jarbanzinhos, algúns dos compoñentes de O Jarbanzo Negro, que xa teñen tocado no local.