Sábado 14 abril de 2012 • 22:30 h Música
Quempallou (Tradicional, Galiza)
Con máis de doce anos de traxectoria artística, Quempallou é unha das bandas máis representativas do folk en Galicia, levando a festa por bandeira en cada concerto, pero sen esquecer unha clara mensaxe de compromiso social. Eles fan música de raíz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras, tendo sempre claro os seus origenes, pero mirando cara a adiante en todo momento. Claro reflexo son os seus traballos discográficos, nos que se observa unha constante evolución musical, coa que conseguiron un son propio e característico. Dende aquel primeiro “Quempallou” e a música tradicional como basee, pasando por “Estremonías” e a forza de a palabra, chegando a “Polo aire”, cunha importante madureza musical, composicións propias e coidados arranxos. Agora presentan o seu novo e agardado traballo discografico “Vellas Novas”, que cunha estética baseada no mundo do periodismo, contén composicións propias e tradicionais ao máis genuíno estilo Quempallou. “Vellas Novas” é un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia de un grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco mantén un tirafonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas e sobre todo a voz.
Compoñentes: Roi Maceda: Acordeón. Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz. Isaac Millán: Bouzouki, Guitarra acústica. Roi Adrio: Tamboril, percusións. Xosé Maceda: Bombo, percusións.
Discografía Quempallou – Quempallou. 2002 Zouma Records. ZRCDO021. Quempallou – Estremonías. 2004 Zouma Records. ZRCDO038. Quempallou – Polo Aire. 2007 Zouma Records. ZRCDO050. Quempallou – Once Anos Mallando. 2010 Zouma Records. ZRCDO064. Quempallou – Vellas Novas. 2012 Zouma Records. ZRCDO069.