Domingo 29 abril de 2012 • 21:00 h Música | 5 eur

O Sonoro Maxín , presentando o seu disco A Onda Sonora (Chega do Interior)

Chega a Onda Sonora.

Chega do interior, dun océano interno.

Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.

Trae con ela as cumbias que non son cumbias.

Esperta os bailes que aínda están por inventar.

Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear.

Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios.

Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón.

Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.

A Onda Sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?

Compoñentes: Ico: voces Abraham “el niño”: guitarras Samuel S. Figueiras: controlador de vento midi e frauta traveseira Cristina Asenjo: acordeón Xurxo Brea: baixo Jaime Mateo: batería Marcos Vázquez: percusións Miguel Xanceda: Son en directo David Rubín: Deseño e ilustracións do disco.

Máis info:

http://www.osonoromaxin.com

Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo