Venres 11 maio de 2012 • 22:30 h Música | 8 ant / 10 bill

Gritando en Silencio, presentando o seu disco "Maldito"

O grupo intenta crear un estilo máis propio a partir destas influencias; pero considéranse moito máis que música xa que gran parte da mensaxe que pretenden transmitir reside nas letras, cheas de contido e profundidade.

O resultado é unha mestura entre a forza do rock e os sentimentos da poesía. Nos directos, a banda intenta destacar por unha contundente posta en escena e un bo ritmo de setlist pasando de momentos de euforia instantes de tranquilidade onde prestar maior atención ás letras.

É un espectáculo en todos os sentidos, onde os músicos interpretan os temas mergullados na comunicación musical e visual que se entáboa co público. Motivo polo cal a banda obtén moi boas críticas sobre o seu directo.

Despois de gravar o seu primeiro disco, CONTRATIEMPO, onde presentan 15 temas do seu auténtico rock and roll e cuio maior medio de difusión será sen dúbida internet e a súa propia web, onde estará colgado por completo, veñen ata Galiza a presentar o 2º traballo “Maldito”.

Máis info:

http.//www.gritandoensilencio.net

Venta de entradas anticipadas: Aturuxo, Librería Esmorga (Cangas) e http://www.ticketea.com