Domingo 13 maio de 2012 • 21:00 h Música | 6 ant / 8 bill

No Reply (Swing/Ska/Dixieland, Madrid)

No Reply comeza a súa andaina no ano 2002 e foron deixando unha fonda pegada en todos so escenarios que pisaron dende entón. Unha banda de mozos que conseguiu facer bailar a todo aquel que tivera a sorte de presenciar algún dos seus concertos, cheos de sons frescos, pero madurados por unha novísima xeración de xóvenes artistas A súa carta de presentación son os ritmos máis bailables que deu lugar a música negra na súa mellor época, dende o swing até o ska, pasando polo reggae ou o dixieland. Tocaron en todas as grandas salas de Madrid e o boca a boca chegou as cidades máis importantes do estado. Ademais a participación en festivais consagrados, como o Metrorock ou o Reperkusión 2006, fixeron que No Reply, con idades entre os 22 e os 25 anos, se planten no meollo do panorama musical independente compartindo cartel con bandas como Muchachito Bombo Inferno, Franz ferdinand, Marlango, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Mojo Project, Reincidentes, Boikot, etc. A orixinalidade de No Reply neste plantel de bandas radica na boísima acollida que ten por parte de todo tipo de público. Cun estilo de música divertido e xoven, pero traballado e elegante ao mesmo tempo e un espectáculo visual de primeira, convírtese nunha banda adorada por calquera xeración e imprescindible en calquera festa. No ano 2006 o grupo lanzou a súa primeiro demo “Not On de Sunny Side”, que tivo unha gran aceptación na prensa especializada e que miles de persoas xa puideron disfrutar. É por iso que No Reply se planteou gravar o seu primeiro álbum “Drunkology”, nos prestixiosos estudos Sonoland de Madrid. Así, esta banda lanza, editado por Universal, un álbum no que o swing é o claro dominante, aínda que deixando cabida para destellos de reggae, ska, latin ou fanfarria. Once cortes (con só tres versións de standards americanos) que conforman un LP d eprimeira. Nel pódense atopar as colaboracións dalgúns dos músicos de primeira liña do concurrido mundo jazzero madrileño: o piano de Federico Lechner, o saxo de Miguel Malla (Mastretta) ou o clarinete de Tuli (Alamedadosoulna), son só algunhas das sorpresas da traballada produción do disco. A gravación deste disco aportou madurez e credibilidade a esta xoven banda, plasmando un estilo ben definido donde se adiviñan inquietudes musicales pouco propias de músicos tan mozos e cun estilo tan pulido. Non en vano, xa obtiveron un merecido recoñecemento á súa frescura e á súa calidade en diversos certames: - 1º premio no Concurso Villa de Madrid 2007 - 1º premio no Concurso Nacional de bandas da sala Ritmo y Compás 2006 - Grupo demoscópico 2005 por Mondosonoro. - 1º premio no Certamen de Jóvenes creadores de Alcalá de Henares 2005. - 1º premio do Molina Rock 2005 (Molina de Aragón). - 1º premio na edición do año 2005 do Concurso de Pop-Rock de Moratalaz. - 1º premio VII Concurso de Pop-Rock de Rivas-Vaciamadrid (2004).

Para máis información:

http://www.noreply.es

http://www.myspace.com/noreply

Entradas anticipadas: Aturuxo, Librería A Esmorga e http://www.atrapalo.com