Domingo 27 maio de 2012 • 21:30 h Música | 3 eur

Zurrumalla (Tradicional, Galiza)

Zurrumalla nace como grupo alá por febreiro do 2000, coa intención de dar resposta ás inquedanzas musicais da xente que o conforma. Dende os nosos inicios, con ensaios que foron variando de día e de lugar en función da disponibilidade particular, fomos quen de crear un pequeño mundo arredor da música da terra, no que nos sentimos ledos, unidos e satisfeitos. Pretendemos disfrutar e dignificar a música do noso país e que a nosa xente disfrute e se sinta identificada con ela. Ao longo de todos estos anos temos tocado nun moi variado número de lugares, buscando sempre ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos dar de nós.

Probablemente a primeira parte deste traballo –O que había… - xa debería ter saído á venda hai tres ao catro anos, pero a diligencia non é precisamente unha das nosas virtudes. De aí que cando Inquedazas Sonoras nos convence de sacar adiante este traballo nos atopamos na encrucillada de seleccionar o material normal para un CD, e constatamos que había un material musical ligado a nós ao longo destes anos, e que nos daba mágoa desbotar por excesivo. Por eso decidimos facer este doble CD, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros sete ou oito anos de andanzas e a segunda parte vai máis adicada a temas dos últimos tempos, coa peculiaridade que son todos eles temas de composición propia. Que … nada, que vos guste e que disfrutedes. Grazas por estar dispostos e dispostas a entrar neste noso pequeño pero agarimoso mundo da nosa música tradicional.

Zurrumalla somos:

Patri González, Pandeireta, pandeira e voz Carlos Sabaríz, “Pelouro”, Bombo Suso Comesaña, Gaitas en do e re, saxo soprano e voz. Juan Comesaña “Viti”, Tamboril. Nacho Álvarez, Acordeón e voz. Bieito Lobariñasa, Gaita en do, cunchas, pandeireta e voz.

Tamén contamos coa colaboración habitual de

Luís Correa “O Caruncho”, Requinta e voz.

Descargar pezas promocionais:

http://inquedanzas.com/promo/audiozurrumalla/mp3zurrumalla.zip