Sábado 2 xuño de 2012 • 22:30 h Música
Pentalfa (Folc/tradicional, Galiza)
Pentalfa é unha iniciativa que xorde da necesidade de realizar música espontánea sen grandes despregamentos técnicos e que pretende ser efectiva e efectista en calquera circunstancia e contexto. Galicia é o núcleo de partida destes 5 músicos pertencentes a diferentes agrupacións, bandas e propostas musicais (Luar Na Lubre , Citania, O Son da Terra…) que sobre a música tradicional e medieval elaboran un concepto rotundo, eficiente e sinxelo para chegar directamente ao espectador. Pentalfa son os 5 ángulos dunha estrela, que neste caso é a música, e os cinco músicos son as puntas que sobresaen.
Maxia e música a través dos sentidos, o cosmos e a terra nai.
Pentalfa son:
Bieito Romero: Gaita Galega, Gaita Midi e Zanfona. Xan Cerqueiro: Frautas Diego Barral: Guitarra Xabier Ferreiro: Caixón e Udú Patxi Bermúdez: Tambor e Bordan
Máis info:
http://www.luarnalubre.com/pentalfa/
Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo.