Domingo 15 decembro de 2002 • 21:30 h Música | 5,00 €

The Dismal (Metal / Pontevedra)

Dicir The Dismal é dicir sacrificio. En 1992 empeza a forxarse este proxceto. Despois de colaborar en dous recopilatorios, en 1999 editan o cd “The new bomb” co selo portugués Division House, seis temas cun son moi persoal que recibe grandes críticas tanto de crítica coma de público.

En maio de 2001 saiu o seu último traballo, Make your mind up, que foi gravado en Vigo e producido por Segundo Grandío, de Siniestro Total.

Recentemente gravaron o vídeo Destroyourself, que se regala coa compra de Make your mind up.

Agora volven ó Atu para presentar o seu último álbum Make your mind up, e o seu EP Aside.

Visita a web de The Dismal