Domingo 12 agosto de 2012 • 21:30 h Música | 6 eur
Gnaposs (Funk, Rock, Blues, Jazz | Cataluña)
Parte de James Brown, xira á dereita cara a Miles Davis, vai dereito cara a Led Zeppelin e xira á esquerda cara a Stevie Ray Vaughan. Terás chegado a Gnaposs, unha fusión única e brillante de Funk, Rock, Blues e un pouquiño de Jazz.
Gnaposs é un proxecto fundado en Los Ángeles, California, polo guitarrista e compositor David Muñoz ‘Gnaposs’. Alí, este músico de Barcelona graduouse con honras na prestixiosa escola Musicians Institue e gravou o seu primeiro disco ‘Party With Yourself’ (2002) apadriñado por Scott Henderson.
Agora vive en Barcelona e ademais de editar 4 discos de estudo como Gnaposs colabora habitualmente con bandas tan populares como Els Pets, Shuarma ou The Bon Scott Band. Ademais é profesor de guitarra na reputada Aula de Jazz do Liceo de Barcelona e tamén é director do Combo de Jazz de la Universidad Autónoma de Barcelona.
O seu último disco ‘Happiness Vol. 1’ (RGB Records, 2011) é un compendio de temas do máis ecléctico pero de doada dixestión. Non obstante o lugar para descubrir este artista é enriba dun escenario, pois xa sexa en formato de trío ou de quinteto, un concerto de Gnaposs é toda unha experiencia electrizante marcada pola enerxía e a improvisación. Con máis de 400 concertos ás costas, entre eles o Festival de Guitarra de Barcelona, o Festival de Jazz de Vitoria, o Festival de Blues de Cerdanyola ou o Black Music Festival (xunto a Tower Of Power e Living Colour), podemos asegurar que Gnaposs en directo é sinónimo de técnica, entrega e calidade.
Máis info: