Domingo 29 xullo de 2012 • 21:30 h Música | 6 eur

Sutrajam (Músicas desde a fin do mundo, Andalucía/Grecia)

Sutrajam, é un proxecto nacido das faldras do grupo Paramíthia (Пαραμύθια, plural de παραμύθος), recoñecida formación afincada en Córdoba, que dende hai anos leva investigando e subindo aos escenarios os sons e as músicas das tres culturas. Bebendo da experiencia e a inspiración, Sutrajam encárgase de abrir o camiño da experimentación formal, a partir de composicións tradicionais ou de propio signo. Nacido como un satélite de Paramithia, a formación do Sutra recolle os elementos máis importantes do seu proxecto matriz e mestúraos cun novo espírito, levando, así, ao escenario, unha visión máis arriscada e experimental. As vértebras que fundan o Sutra son o taksim ou improvisación ad libitum, as seccións de improvisación rítmica, a importante tímbrica da música oriental con instrumentacións únicas, tales como o Saz Baglama ou o Taburás, procedentes de Irán, os Defs ou pandeiros de Exipto, a Táboa ou o Doholla turco e sobre todo, o canto bizantino, a voz como eixe fundamental a través das fronteiras e os idiomas, dende o grego ata o castelán antigo ou o ladino sefardí. No canto bizantino obsérvanse elementos da teoría musical dos antigos gregos, vestixios paleocristians e de cantos litúrxicos de sinagoga, mesturados coas tradicións musicais persa e árabe. O resultado é unha música variada en melismas e modos que exerceu unha ampla influencia na música de Al-Andalus e tamén na música litúrxica cristiá da península ibérica. A súa influencia noutras músicas mediterráneas é evidente, como se observa nas músicas tradicionais e litúrxicas de países como Grecia, Turquía, Romanía etc. Sutrajam nútrese, ademais, da participación doutros instrumentos na elaboración musical. O violín, a frauta travesera, o kabal ou mesmo achegas procedentes da música electrónica máis experimental, rematan dando lugar ao particular paisaxe sonoro que logra a formación nos seus concertos. Sutrajam é unha viaxe musical a través de latitudes moitas veces descoñecidas, moitas veces estrañamente familiares, unha travesía cara a aquilo que parece oriente e remata sendo sur, cara a aquilo que parece oeste e remata sendo o máis real dos nortes.

Formación: Saz Baglama, Taburás, Guitarra clásica y Canto Bizantino Percusión árabe y oriental: Def, Tar, Doholla, Derbuka, Udu, etc Sintetizadores, bases y Chaos Pad Colaboración de: Violin, Flauta travesera, Kabal etc

Aquí deixamos un par de temas de Sutrajam:

https://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&view=att&th=138531770466152c&attid=0.4&disp=mp3&realattid=fh44sv3g43&zw&saduie=AG9BPrrTuwJbDeBXeG4TOqO8yi&sadet=1342737746336&sads=62zZINMdhSEXrCZCtQXHiTq6fA

https://mail-attachment.googleusercontent.com/attachment/?ui=2&view=att&th=138531770466152c&attid=0.4&disp=mp3&realattid=fh44sv3g43&zw&sadnir=1&pli=1&auth=DQAAAIIAAADZCs8eByWijnziOJO6syLzNeSnYC74qNnOGcTp5Idz92aaTDNTChzK7ESqXRIOfizhg8CnfNRfXrLcMkLLyYYLibv0wRKOB0kJSz5NSnlvVe-d2gn0wDDONgoDtMAmGtfvR8l0Fx8CWpOVqHJivgBqw5JcVRYs2GDARzSmse24iESAwMEiXjWSomfUy4&saduie=AG9BPrrTuwJbDeBXeG4TOqO8yi&sadet=1342737925185&sads=dQfj7JVcD1TIV9pZNfUkq431GTc