Domingo 19 agosto de 2012 • 21:45 h Música | 5 eur

The Skartes (Ska/Fusión, Madrid)

Man tras man e xogada tras xogada, ían quedando os “THE SKARTES” de todas as xogadas perdidas. Cansos da súa situación, xuntáronse todos e empezaron a facer ruído. Dende inicios de 2011 veu roldado a idea de xuntar a todos os “THE SKARTADOS” baixo o mesmo ruído e a mesma sensación. Foron uns meses de moita música e moita forza, ata que por fin, en Marzo de 2011, completamos a nosa formación cunha xogada insuperable, con personaxes do máis variados, que reforzan e obrigan a fusión do noso ska cunha gran variedade de estilos musicais (reggae, funk, latina, bossa, party…).

Currando moito, dous meses despois lanzamos a nosa primeira xogada en forma de maqueta. Grazas á inmensa colaboración de Nacho e o Velas, en Maio encontrabámonos lanzando o noso traballo “63 horas, 5 días” (en homenaxe ao tempo que tardamos en gravala), presentándoa o 26 de Maio no Nasti Club de Madrid, cunha moi boa actuación e un público insuperable.

Así, neste concerto subiu ao escenario a nosa composición inicial con Catu ás teclas, Javi ao baixo, Juanlu á guitarra e ao cante, Kiko á trompeta, Pablo á batería e Valdi ao saxofón. Bueno, e Jorge (o noso representante), que aínda que non subiu ao escenario está sempre detrás para que todo vaia ben. Despois dun ano de case un ano de concertos a nosa querida teclista déixanos e seguimos o resto da banda dando cana. ¡ ¡ todos eles son THE SKARTES!!!

Máis info:

http://www.theskartes.com

http://www.myspace.com/theskartes

http://www.youtube.com/theskartes

http:// www.facebook.com/theskartes