Venres 12 outubro de 2012 • 23:00 h Música | 10 eur

Ricachá (Música Popular Cubana, Cuba)

En xaneiro de 1994, unhas rapazas únense para integrar unha nova agrupación: RICACHA. Dende o seu debut ata a data distintivo no seu traballo foi o feito de facerse avalar pola proxección escénica, a comunicación, o cambio de instrumentos e unha forza sonora que en nada atente contra o encanto e a frescura das féminas.

Títulos creados por e para a agrupación conforman un repertorio propio, acompañado por arranxos de obras ben coñecidas nacional e internacionalmente. Nel encontramos diversos xéneros da música popular cubana unidos a outros da área do Caribe como o Son, a Rumba, o Cha-cha-chá, a Balada-Salsa, a Plena, o Merengue e outros. A forma de facer resulta interesante e peculiar en relación coa linguaxe e formato que dispoñen.

O nome devén en simboloxía musical por responder a unha obra de afamado recoñecemento que á súa vez representa a un dos xéneros máis identificatorios de Cuba no mundo: o cha-cha-chá. Tendo en conta que no seu formato a agrupación desprega algunhas orquestracións de trasfondo charanguero, é sen dúbidas un nome homenaxe ‘ao tipo de orquestra que deu vida a significativos xéneros nacionais e que sepresenta como un centro moi distinguible do típico musical cubano: a charanga.

Compoñentes:

Nancy Virginia, solista

Yanet, saxofonista

Ailen, cantante

Africa, tumbadoras

Ingrid, Pianista

Belkis, directora

Elaine, Timbal

Rebeca, Baixo

Regla, pianista

Osanay, cantante

http://youtu.be/0EzJo2jwPr0