Sábado 3 novembro de 2012 • 22:30 h Música | 6 ant / 8 bill
Sherpah (Cumbia/Ska/Funk/Reggae, Catalunya)
Sherpah volve á estrada con “CAMIÑO” o terceiro disco en seis anos. É un traballo autoeditado con PAE e gravado nos estudos Sibelius (Can Pardaler) de Taradell con David Rosell, nel podemos encontrar once cancións arraigadas ao son Sherpah: rumba®gae, con incursións a diversos xéneros que se acentúan aínda máis neste novo disco, atrevéndose a pasar pola Cumbia, o Funky, Ska, e o rock máis puro.
Un produto fresco e con elevado potencial musical, onde a esencia de Sherpah se reafirma cun son sorprendente e xenuíno co que sempre se sentiron identificados, onde a máis nesta ocasión contaron coas colaboracións de luxo como:
- Amparo Sánchez (Amparanoia)
- Allan Pérez (Transadelica)
- Joan Garriga (La Troba Kung-fu)
- Paul De Swardt (Ex-Macaco)
- David Rosell (Brams I Dept)
No novo disco Camino, Sherpah segue aproveitando a excelente oportunidade de difundir a través da música o seu xeito de entender a vida e o mundo, as súas cancións reflicten o presente dentro da nosa sociedade, cunha mirada de autocrítica, reflexión e proximidade coa nosa vida diaria, aínda que non se creen co dereito de marcar un rumbo a seguir, deixando que cadaquén busque o seu camiño con convencemento, sen medo a perderse, sen medo a ir sós, “é como dicir: ei!! Parate e mira que pasa ao teu arredor”.
Unha vez máis, as letras das súas cancións volven vestir de maxia ao grupo. Con Camino, Sherpah asalta de novo aos escenarios coa enerxía, a madureza e a preparación necesaria por tal de ofrecer “un directo” explosivo, atractivo e sorprendente que de bo seguro espertará inquietude e curiosidade entre todos os públicos.
Sherpah presentará “Camiño” por primeira vez en Galiza.
Podes baixar o disco en: http://www.mediafire.com/?ovcdod2hlxac8
Máis info: