Venres 9 novembro de 2012 • 22:00 h Dj | 3 eur

Dj Cristian Dominguez (Electro House, Dirty Dutch & DubStep) e Dj Hugo (House, Electro House). O Morrazo.

A Fundación dentro da súa liña de apoio ós artistas emerxentes que así o reclaman, leva traballando dende seus orixes con estes dous djs. A progresión e aprendizaxe de ambo-los dous foi moi considerable, especialmente de Cristian Domínguez, que se está a converter nun dos valores máis destacados da música electrónica en Galicia.

O primeiro en quentar o público e mostrar os primeiros ritmos house será Dj Hugo e a continuación, como prato forte, o Dj Cristian Dominguez presentará a súa primeira composición, baixo o título “Like This”, que está a ter unha acollida entre os grandes especialistas do xénero, especialmente en América Latina e Estados Unidos.

Este primeiro traballo estalle a abrir moitas portas o artista. Neste senso a Fundación está a estudar con Cristian a posibilidade de gravar e distribuír un longa duración nos vindeiros meses, coa idea de que se converta no apoio que precisa o artista para dar un verdadeiro salto e abrirlle as portas para que poida amosar o seu traballo en moitos outros lugares e continúe medrando como artista. O estilo baixo no que Cristian basea o seu traballo é o Electro House e o Dirty Dutch, facendo incursións no Dubstep.

As miras internacionais do traballo de Cristian quedan patentes dende este primeiro traballo que presentará na Sala Aturuxo, xa que para a súa grabación colaborou con Desvork, dj arxentino, chamando a atención de productores de música House de primeira liña como Cratesz ou Modulation.

O futuro de Cristian Dominguez parece moi prometedor, pero a súa precocidade pode ser arma de dobre fío, polo que a Fundación e o propio artista están concenciados de facer as cousas paso a paso e sen olvidarse que as bases se deben establecer dende o traballo diario, a formación e o práctica, combinadas co aproveitamento óptimo de tódalas oportunidades que xurdan.