Domingo 11 novembro de 2012 • 21:15 h Música | 6 eur

Goymamba (Reggae/ Roots/ Groove, Madrid)

Goymamba nace no verán do 2007 composto por nove integrantes influenciados polo son xamaicano e inglés do reggae dos anos 70/80.s. Esta formación destácase pola súa estupenda harmonía vocal a cargo da primeira liña de escenario feminina chamada “As Mambas”. A súa base musical é 100% roots reggae con toques de hip-hop, grovee e guitarras roqueiras que logran unha proposta completamente novidosa dentro do panorama do reggae nacional..

A poucos meses de consolidarse sacan o seu primeiro EP llamado”Give up my song”. Preséntano durante todo o ano polos principais pubs e salas de Madrid logrando unha moi boa acollida por parte do público. No 2009 preséntanse ao concurso das festas de San Lorenzo no barrio de Lavapiés, logran o primeiro posto levándoos a formar parte do cartel principal do evento e tocando por primeira vez ante máis de 1000 persoas. Participaron tamén no disco compilatorio do festival Mundo libre, en solidariedade cos presos políticos de Atenco México.

O 2011 recíbeno coa gravación do seu segundo EP “Espectáculo me “. É aquí onde a popularidade do grupo sobe de xeito considerable e tanto as vendas coma as descargas gratuítas do disco son todo un éxito. Actualmente o grupo encóntrase xirando polas principais salas e festivais a nivel estatal e con vésperas de expandilo ao resto de Europa.

One love!!

Video dalgunha actuación de Goymamba.

http://youtu.be/PBEdrUXs674

http://youtu.be/UoaMovwdwyk