Venres 16 novembro de 2012 • 23:00 h Música | 6 eur

Kike Mora Quartet (Jazz / Funk | Euskadi)

Kike Mora é un músico cunha dilatada experiencia profesional de máis de 10 anos tanto na faceta musical como na de productor e docente. Está licenciado en Baixo eléctrico de jazz no Centro Superior de Estudios Musicais de Euskadi-Musikene e realiza traballos de produción no seu propio estudio K.M.T. Ademais de baixista, contrabaixista, guitarrista, compositor, productor, arreglista e técnico de son, colaborou en proxectos destacables como son : Beer Mosh, Urgabe, Kepa Junkera, Korrontzi, etc. Como productor realizou máis de 30 traballos para diferentes grupos e artistas.

É mestre de guitarra, baixo, combo e produción musical na Escola de Música Muzzik (Bilbo). E membro fixo nas bandas Korrontzi, Trikizio e Kike Mora Trío/Quartet.

Na actualidade atópase presentando o seu novo traballo “Jazz Project”, por diferentes escenarios e impartindo seminarios e masterclases onde é requerido.

Kike Mora Quartet son:

Kike Mora; Baixo eléctrico

Kike Guzman: Saxos tenor e soprano.

Kepa Calvo: Batería

Juan Ortiz: Piano e teclados.

Máis info:

http://www.kikemora.net/

Videos do seu paso polo Festival de Jazz de Donostia 2012.

http://www.youtube.com/watch?v=HhGf0tAzpFc&list=UUuFtKKjeT-jorH5sqXJPwmg&index=4&feature=plcp

http://www.youtube.com/watch?v=it8VCcWEWNk&list=UUuFtKKjeT-jorH5sqXJPwmg&index=6&feature=plcp