Luns 12 novembro de 2012 • 20:00 h Danza | De balde.
Obradoiros de Lindy Hop.
Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-.
Durante o mes de Novembro no Aturuxo Bar vanse realizar dous obradoiros de iniciación ao Lindy Hop. No primeiro aprenderás o ritmo, a conexión da parexa e o famoso paso de rock. No segundo experimentarás toda a enerxía de dar patadas ao aire a ritmo de charleston.
Atréveste a probalo?
Luns 12 de Novembro (20h) – Ritmo e conexión
Sábado 17 de Novembro (11:30h) – Patadas e charleston
Máis info:
lindyhopbueu@gmail.com ou T. 986 322 569 (Aturuxo)