Xoves 13 decembro de 2012 • 22:00 h Música | 6 eur
Fetén Fetén (Tradicional, Cabaret | Castela)
“Fetén Fetén” é o novo proxecto musical de Jorge Arribas e Diego Galaz.
As melodías que nos propoñen neste espectáculo son, case na súa totalidade composicións orixinais de ambos os dous músicos, e suxírennos unha viaxe a través da música popular, tradicional ou mesmo de cabaré, e outros diversos estilos que influenciaron a este sorprendente dúo.
Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sons mediterráneos, ritmos do Leste de Europa e influencias da música do centro de España, sobre todo castelá, son algúns dos ingredientes fundamentais deste concerto.
Tamén sorprende a instrumentación elixida para esta actuación. A parte do violín e do acordeón, instrumentos que identifican ambos os dous músicos, podemos escoitar o suave e evocador son do serrón a maxia nas melodías dos violíns trompeta, o doce timbre do vibrandoneón, metalófono, mandolina… etc.
Música para sorrir, para bailar ou para emocionarse da man destes dous novos compositores.
Fetén Fetén son:
Diego Galaz: Violín, violín trompeta, phonoviolín, serrón, mandolina, percusións.
Jorge Arribas: Acordeón, vibrandoneón, frauta travesera, metalófono.
Máis info:
Nos Conciertos de Radio 3:
http://www.youtube.com/watch?v=hSTs5flUei4
Concierto en Off Arteria (Madrid):
http://www.youtube.com/watch?v=9xgBybCiKYQ
Web: