Sábado 15 decembro de 2012 • 23:00 h Música | 5 eur

Labazada ( Rocanrol, Punk, Metal | Galiza ) In Nomine Kraken ( Rock progresivo | O Morrazo )

Labazada:

O grupo foi formado no 2006 coa intención de facer versión de grupos punk, pouco a pouco fumos facendo temas propios e no 2007 gravamos unha maqueta de catro cancións na Radio Galega. Entre o 2008-2009 editamos duas demos gravadas e mesturadas en mafia records, chamadas “Labazada” , ”Sen Medo”.

Grupo compostelán que aposta polo sonidos duros, máis ben moi duros, onde sempre hai unha oda ó doble bombo e con moitas reminiscencias á Sepultura.

O grupo esta composto por:

Fosi : Voz

Tejo: Baixo

Chata: Bateria

Alberto: Guitarra.

http://www.myspace.com/labazada

In Nomine Kraken:

In Nomine Kraken é un grupo, unha serie de cousas que están xuntas. Que xurden, que queren xurdir, e que se van ordenando entre elas e á súa maneira. É a resposta que nunca darías a unha pregunta concreta. É esa cor á que moitos chaman verde, e outros tantos amarelo. É o carro de Mr Bean con Motorhead soando a tope, ou un monster truck americano cor beige e con un estupendo estampado floral. E agora, enriquecido con mais vitamina C!!

Se ten calquera duda, consulte ó seu farmacéutico.

Limo - Voz/Guitarra

Denís - Baixo

Talker - Batería

http://innominekraken.bandcamp.com/