Sábado 22 decembro de 2012 • 23:00 h Música

Xabier Lorenzo Grupo (Bolero, Country, Rock | Galiza).

Xabier Lorenzo compón e interpreta os seus propios temas. A xira que está a presentar titulada xenericamente “VENTE RAPAZA CONMIGO”, inclúe os temas do disco do mesmo título, (que está para ser gravado no próximo Xullo nos estudos da Radio Galega), así como algunhas versións de músicos portugueses como Joäo Afonso ou Fausto Bordalo.

Xabier comparte escenario cun grupo de sete músicos, de ampla traxectoria musical, que forman parte activa deste proxecto, e son os seguintes:

MANOLO PEREZ - Batería

ANTONIO MARCIAL - Percusións

OSCAR PAINCEIRAS – Baixo eléctrico e contrabaixo

FRANCISCO RODRIGUEZ – Guitarras eléctrica e guitarra “midi”

SUSANA DIAZ – Teclados e voz

MARTA MASAFRET – Guitarra acústica e voz

ELENA LAMAS – Voz e percusións

O estilo musical e amplo, utilizando ritmos que poden ir dende o bolero, ata o reggae e o rock, pasando polo cha-cha-cha e o country, con breves incursións no folk (especialmente nas versións). O elemento que amalgama o conxunto son as letras, escritas en galego (e algunha en portugués).

Outra característica de este proxecto é que é multi-vocal, podendo variar o número de voces dependendo do tema, entre dúas e catro.

Máis info:

http://www.xabierlorenzo.es

http://www.facebook.com/home.php#!/xabier.lorenzo.56