Sábado 8 decembro de 2012 • 23:59 h Música | De Balde
Festa anos 30.
O día 8 de Decembro non vos perdades a festa anos 30!
Ven escoitar o mellor swing, e se cho pide o corpo, botar uns bailes ao ritmo de Ella Fitzgerald, Duke Ellingtong, Count Basie, Peggy Lee, Louis Amstrong e moitos outros… E se quiseres podes vir vestido como o facian na época! No próximo sábado, a partir da media noite, vamos respirar no Aturuxo os aires de era dourada do swing.
UNHA CONSUMICIÓN GRATIS PARA OS QUE VEÑAN VESTIDOS DE ÉPOCA!!
Se queredes inspiración :
… Estamos a fináis dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-.
Algunha fotografía da época:
http://pinterest.com/lindyhopbueu/moda-vintage/
Para seguir máis de cerca a Lindy Hop Bueu.