Domingo 23 decembro de 2012 • 18:00 h Contacontos | De Balde
Chegada do Apalpador ao Aturuxo, dirixido ás Cativas e os Cativos.
Para as cativas e cativos:
No próximo día 23 Decembro á volta das 6 da tarde, chegará das montañas do leste do país o Apalpador acompañado de todos os seus amigos e amigas.
Fará unha viaxe moi longa só para estar connosco neste día, e é por iso que merece un bo recebimento!
Cativas, Cativos: non podedes perder a oportunidade de velo, que ata o ano non volta!!.
Máis detalles sobre o Apalpador:
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é unha personaxe mitolóxica da cultura galega.
O Apalpador foi unha personaxe descoñecida durante décadas afora as montañas de Lugo ou Ourense na Galiza. En 2006 editouse o primeiro estudo coñeecido a respeto del. En 2007 diferentes asociacións culturais iniciaron a sua promoción en cidades como Santiago de Compostela ou Ourense como “Pai Natal galego”). En 2008 saltou a escena informativa xeral, aderindo a sua difusión centros culturais, escolas, contadores de contos, ou entidades como a radio pública galega.
Algúns autores apuntaron a sua conexíon con outros mitos culturais de Europa como Olentzero en Euskadi ou Esteru en Cantabria ou o propio Pai Natal.
Cartel para difundir a actividade: http://profile.ak.fbcdn.net/hprofile-ak-snc6/276959409406219127505792448893_n.jpg
Máis detalles:
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?pax=pax5.php