Luns 31 decembro de 2012 • 01:00 h Música | De Balde

Fin de Ano Swing

Despois de pasar un ano tan difícil como o 2012, con fin do mundo incluído, non merecemos un fin de festa tolo? Pois si, pero claro, é Fin de Ano, e o tolo non quita o elegante. Por iso propoñémosvos unha festa que reune as dúas cousas: un Fin de Ano de Swing!

Pois iso, despois das uvas, todos ao Aturuxo a bailar charleston, e todos os frenéticos ritmos da era do Swing!! Prometemos baileretada, glamour, diversión, risas… e se non conseguimos nada diso, polo menos poderedes escoitar boa música.

Dress Code: non hai, de feito, se alguén vén en chandal será o rei/raíña da noite. Pero se vos apetece poñervos trapiños vintages, aquí algunhas ideas.

Rapaces: Traxe, gravata / lazo, sombreiro / boina, tirantes, chaleco, unha flor na solapa da americana… non fai falta superpoñer todo isto, son só ideas, pero o pelo engominado sempre queda ben ;)

Rapazas: Vestidos con flocos, ou sen eles pero con algo de voo; saias de tubo e americanas, sombreiros elegantes, tocados, flores ou plumas no pelo, zapatos de tacón (ou tenis tipo Victoria para bailar all night long!), algún broche… para vós hai mil millóns de posibilidades!

Se queredes máis ideas aquí:

http://pinterest.com/lindyhopbueu/moda-vintage/

Máis info da actividade:

http://lindyhopbueu.wordpress.com/

Boa Noite de Fin de Ano!!.