Domingo 13 xaneiro de 2013 • 20:00 h Música | 10 eur

Los Ángeles (50º Aniversario Tour, Granada.)

A súa exitosa traxectoria comezou en 1963, na cidade de Granada, co nome de Angeles Azules, denominación que mantiveron ata finais de 1966 cando ficharon pola discográfica Hispavox.

A formación máis estable estivo integrada por Alfonso González “Poncho”, Carlos Álvarez, Agustín Rodríguez e “Paco Quero”. O guitarrista “José Luis Avellaneda” substituíu a Agustín en 1972.

Alcanzaron os seus maiores éxitos comerciais entre 1967 e 1971 con cancións como “98.6”, Mañana, mañana, Momentos, Mónica, Lo mucho que te quiero, Créeme e Abre tu ventana, entre outros.

Nos 60 a influencia dos de Liverpool sobre a personalidade de Los Ángeles afianzouse dende 1965, cando se converteron nun cuarteto guitarrero a imaxe dos seus ídolos.

O seu primeiro éxito foi a adaptación do tema 98.6, pero lograron a súa maior repercusión grazas a Mañana, mañana, ‘Dime, dime, ou ‘El silencio es oro ‘ temas que os consolidaron nas listas de éxito.`

A fama do seu coro a catro voces deulles un sitio propio no repertorio da época. Da súa colaboración con Trabuchelli xurdiron decenas de producións. De entre todas elas, Momentos, Créeme, Pequeñas cosas e Mónica, conseguirían sublimalos no mercado hispanoamericano.

Nos botados de menos 70’s, houbo cambios na súa formación.

Atrás quedaban decenas de singles, un par de discos recopilatorios (Los Ángeles (1967) e Pequeñas cosas (1972). O silencio de Los Ángeles duraría ata mediados dos 90 “ s.

Nesta nova etapa Agustín e Carlos, xunto a Alfonso González “Popi”, primoxénito de Poncho, e o guitarrista Carlos Muñoz, decidiron recuperar a Los Ángeles para a súa difusión entre as novas xeracións dos seus emblemáticos temas con son actual e como homenaxe a unha época e un estilo, volvendo así ser 4 anxos.

Estes últimos anos deixaron pegada co seu elegante e potente directo tanto no territorio estatal coma en América, legando grandes titulares nos rotativos locais, volvendo ser noticia alá por onde van.

Tamén se poderían contar por decenas os discos homenaxe, tributos e mostras de cariño recibidas tanto en papel imprimido como polas redes sociais, en honor a un dos mellores grupos de pop que deu este país.

Hoxe en día seguen alternado na súa axenda concertos tanto en España como en EUA e América do Sur, tanto sós como con amigos e compañeiros de viaxe, como Formula V, Los Diablos, Los Mustang, Módulos, Brincos, Mike Kennedy….e un longo etc.

A lenda de Los Angeles, segue máis viva que nunca.

Videos na rede anteriores aos 90`s.

Momentos: http://youtu.be/UZMSS4HShDE

Abre tu ventana: http://youtu.be/ofNlyjdo2tM

Lo mucho que te quiero: http://youtu.be/Hxoyg7PjmGs

Mañana: http://youtu.be/wuMr_iMxtpo

comments powered by Disqus