Sábado 19 xaneiro de 2013 • 23:00 h Música | 6 ant / 8 bill

Suburbano. Xira acústica por Galiza, presentando o seu último traballo "33" (folc, autor, pop, rock, Madrid)

SUBURBANO, de volta no escenario do Aturuxo, despois duns cantos anos.

SUBURBANO caracterizouse por ser un grupo esencialmente ecléctico que navegou, non de forma intencionada, contra-corrente: empezou traballando co folclore, cando en España xurdían as grandes bandas de rock… máis tarde derivou cara ao jazz-rock, cando o que soaba era a música da “movida madrileña”…

Durante a focha que sufriu a canción de autor, dedicáronse a facer cancións para, anos máis tarde, cando volve callar este tipo de música somérxense na música máis roqueira e eléctrica.

Actualmente están metidos nunha liña máis próxima ao folclore, retomando o traballo iniciado no 79.

SUBURBANO compuxo cancións como “La puerta de Alcalá”, “Arde París”, “París-Tombuctú” ou “Makinavaja” entre moitas outras… e cancións para series de televisión como “ La mujer de tu vida”, ou “Chicas de hoy en día”. Cancións que foron coreadas por todo o mundo sen saber que eran eles os autores.

SUBURBANO sempre tense sentido orgulloso de ter podido manter ese espírito anárquico que marcou a súa traxectoria e co que subiron por primeira vez a un escenario no ano 79. Por outro lado, o grupo foi unha escola pola que pasaron algúns dos músicos máis importantes do noso país.

SUBURBANO, ou o que é o mesmo, Luis Mendo e Bernardo Fuster, compuxeron música para máis de 20 bandas sonoras de películas e series de televisión e gravaron e producido discos para algúns dos máis importantes artistas españois.

SUBURBANO foi sempre outra forma de entender a música, lonxe dos circuítos comerciais e as modas e non perdendo nunca de vista o sentido libertario con que iniciaron a súa andaina.

SUBURBANO son:

Bernardo Fuster (Voz e guitarra)

Luis Mendo (Guitarra e coros).

Máis información:

Web: http://www.suburbano.org

Facebook: http://www.facebook.com/pages/Suburbano/132449970154843

Entrevista a Suburbano: http://www.efeeme.com/suburbano-un-pedazo-de-historia-que-sigue-creciendo/

Referencias: http://fernandolucini.blogspot.com.es/2012/11/suburbano-33-anos-de-buena-musica-de.html

comments powered by Disqus