Domingo 20 xaneiro de 2013 • 21:00 h Música | 4 eur

Marcos Teira. Presentando o seu traballo Flamenco Translations Solo Guitar. (Guitarra Solista, Galiza)

Un repertorio variado para guitarra solista.

De longa traxectoria como guitarrista (Marful, Narf, Uxía, Rodrigo Romaní, Budiño…), presenta agora o seu novo traballo discográfico en solitario Flamenco Translations.

Flamenco Translations é un disco gravado con guitarras exclusivamente no que adapta músicas de todo o mundo á linguaxe do flamenco.

Alfonsina y el mar, Day Tripper ou La flor de la canela, son algúns dos temas que inclúe no seu repertorio; coas súas adaptacións consegue facer viaxar éstas e outras músicas polas paisaxes novas e vellas da guitarra flamenca.

Tamén neste concerto inclúe, algunhas das súas propias composicións xa rexistradas en discos como Punta de Cabío, Alí ou Pimenteira.

O flamenco é unha música moi rica en ritmo, melodía, e desde hai algúns anos, e grazas a artistas como Paco de Lucía, Manolo Sanlucar, Jorge Pardo, Chano Domínguez… tamén en harmonía. Pero pese a estar esta múscia moi próxima xeograficamente a Galiza sabemos moi pouco sobre ela. Así pois o obxectivo principal deste concerto será achegar o flamenco ó ouvinte e tratar de facilitárllela comprensión desta música.

Máis info:

http://marcosteira.com/

Video: http://youtu.be/pdUTnbf6xNw

comments powered by Disqus