Domingo 27 xaneiro de 2013 • 21:00 h Música | 6 eur

Macho (Rock, Catalunya)

Definir a música de Macho?

Toma nota: O seu rock primitivo e sen artificios farate mover as cadeiras e o lóbulo frontal. Macho fai suar as paredes, as aves migran. Os homes choran polos cantos, as mulleres entran en estado de celo como posuídas por demos. Macho é a única banda capaz de alterar a rotación da Terra. Macho existe dende o principio dos tempos. Pero, por sorte, pódelos vivir en directo aquí e agora.

MACHO SON: Artie Munk: guitarra baixa e voces William “Celaya” Burris: guitarra Kim Philby: batería, percusión, cazoo e voces Ulrich Bardamu: guitarra, voz, harmónica e teclado

Podes escoitar a súa música:

http://machomacho.bandcamp.com/

http://youtu.be/EH_M7a4pOO8

comments powered by Disqus