Sábado 23 febreiro de 2013 • 22:30 h Música | Por Determinar

CONCERTO APRAZADO ATA NOVA DATA. UNIVERSAL MIND (Metal Progresivo, O Morrazo) // HEADH (Trash Metal, Compostela)

CONCERTO APRAZADO ATA NOVA DATA.

Universal Mind (Metal Progresivo, O Morrazo)

Universal Mind nace a principios de 2011 coa seguinte formación: Baterista David Valladares, Guitarristas Román Pérez e David Refojos, teclista Iago Vidal e vocalista Damián Otero. Dende o principio o grupo inclinouse polo metal progresivo chegando a ter un set-list propio bastante amplo e a dar os primeiros concertos en poucos meses. A finais de ano Damián e David Refojos deixan o seu posto e son substituídos por Carlos Rey e Slaggy (Iago Iglesias) respectivamente. Co tempo e ao conseguir máis rodaxe en concertos compartindo escenario con varios grupos, e tras gravar anteriormente unha maqueta, o grupo vese inmerso nun proxecto máis ambicioso: o seu primeiro disco de estudo “OBLATIO” que veñen apresentar ó Aturuxo.

HEADH (Thrash metal, Compostela)

HeadH é unha banda compostelá nacida a mediados de 2011 con Dizzy Freire ás voces e Angel Mallón na guitarra. Logo dun ir e vir de músicos a formación complétase a mediados de 2012 con Borja “Jarrus” Paz no baixo e Santi Ritter na batería. Nada mais completar a formación, a boa química e empaste entre os seus compoñentes lévaos a compoñer o seu propio material creando así a súa propia identidade dentro do Thrash Metal que eles queren tocar. Cun estilo claramente influenciado polo Thrash da vella escola de bandas como Nuclear Assault, Violator, Exodus e uns primeiros Metallica. HeadH preséntase por primeira vez en directo en outubro de 2012 en Cambados, onde un público que principalmente asistía ao evento para ver á banda local de punk, quedaba sorprendida do directo tan contundente que ofreceron os composteláns. Outubro tamén sería o mes no que se presentan en Vigo no concurso BoneBreaker, no que non gañaron o seu billete a Portugal para a final, pero a produtora Craneo Metal (organizadora do evento) queda interesada na banda e hoxe mantén o contacto e está a organizar datas en terras lusas para este 2013. Grazas ao Bonebreaker tamén, a banda venezolana Haboryn que se encontraba de Tour por Europa ponse en contacto con HeadH para compartir escenario no seu último concerto polo vello continente, e ao día de hoxe estase a falar unha visita de HeadH a Venezuela grazas á boa imaxe da banda que os venezolanos se levaron.

En decembro HeadH métese ao estudo para gravar a primeira demo do que será o seu EP “Bastards” e a presentaba no Pub a Radio de Santiago de Compostela xunto con Ameaza de Morte de Malpica.

Este mes de xaneiro xa están a gravar o EP e preparan o primeiro videoclip da súa carreira.

Máis info das bandas:

https://www.facebook.com/universalmindcangas

http://www.myspace.com/universalmindcangas

https://www.facebook.com/headhthrash

comments powered by Disqus